Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O protocolo anticovid do CPI Curros Enríquez inclúe a instalación de mamparas no comedor

RR_Noticias

Responsables da Consellería de Educación, do Concello de Pazos e do propio colexio avaliaron o protocolo anticovid de cara ao inicio do próximo curso. O centro manterá o comedor, que conta con 230 alumnos, con diferentes quendas e a instalación de mamparas de protección.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, varios membros do goberno local e a dirección do centro, visitaron onte as instalacións do CPI Curros Enríquez para analizar a implantación do protocolo anticovid deseñado para a volta ás aulas o próximo mes de setembro. Tal e como indicou o alcalde, o centro dispón dun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algún incidente. Tamén contan cun grupo Anticovid cuxo responsable se encargará de conectar co Punto de Atención Continuada de Pazos. Do mesmo xeito “organizáronse as entradas e saídas diferenciadas” e a posta en marcha do servizo de comedor escolar, que conta con 230 usuarios. Para garantir a seguridade distribuirase aos alumnos en dúas quendas, “unha para Infantil e Primaria e outra para os de Secundaria”. Ademais, os comensais estarán separados por pantallas de protección de metacrilato. Pola súa banda Pérez Ares destacou o traballo que está a realizar o equipo directivo deste CPI e insistiu na importancia de que os alumnos “leven a cabo unha limpeza habitual e correcta de mans”. Os representantes municipais trasladaron tamén a súa colaboración nas tarefas de limpeza e mantemento do centro educativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará