Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Villar: “Se o Concello non dera a licencia de obra a Aucosa estaría prevaricando”

RR_Noticias

O concelleiro de Medio Ambiente explica que se trata dun trámite administrativo regulado, e que ao contar con todos os informes favorables é obrigado outorgala. Por outra banda advirte que o problema dos malos cheiros da planta, que se agravaron este ano, foron denunciados “reiteradamente” ante as administracións competentes.

Villar lembra que os veciños de Rande, Chapela, Cabanas e Trasmañó levan décadas soportando o fedor procedente desta fábrica de fariñas de peixe, e advirte que a situación empeorou nos últimos meses “cando a empresa comezou as obras de ampliación e derrubou parte da súa estrutura”. As obras, que carecían de licenza, foron paralizadas, e a factoría seguiu traballando e almacenando residuos de peixo e marisco. O resposable de Medio Ambiente en Redondela sinala que é necesario diferenciar “entre a licenza de obra e o problema dos cheiros”. En canto á licenza, que resolveu favorablemente o Concello o pasado mes de xullo, explica que se trata dun trámite administratvo regulado, e que unha vez Aucosa cumpriu cos requisitos necesarios o Concello doulle a licenza “xa que non facelo sería unha prevaricación”. Cuestión diferente son os malos cheiros procedentes da factoría instalada no litoral de Cabanas. Villar explica que fon ducias as denunicas presentadas polo Concello polos cheiros “noxentos” da fábrica, tanto na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, como ante o Seprona, Augas de Galicia e mesmo no xulgado. Polo de agora, a única resposta que obtiveron da Consellería de Medio Ambiente é que o problema se resolverá “unha vez rematadas as obras de ampliación e modernización da planta”. Con todo, o edil de Medio Ambiente sinala que esas obras de mellora non veñen acompañadas de ningún protocolo en canto a xestión do trasporte na fábrica nin os seus horarios, xa que o tránsito de camións provoca tamén prexuízos polo ruído e malos cheiros. O concelleiro apoia as demandas e reivindicacións dos veciños que di “están en todo o dereito de protestar e mobilizarse”, tal como anunciaron os afectados, que xa teñen en marcha unha recollida de firmas. Desde o Concello de Redondela defenden que a única solución definitiva pasa “polo cese da actividade de Aucosa ou o traslado da fábrica fóra do litoral, a unha zona industrial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará