Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes faise coa Bandeira Concello de Moaña na LGB

RR_Noticias

A traiñeira redondelá impúxose o sábado con claridade en augas de Moaña, por diante de Poboa, invicta ata o momento. Onte, na Bandeira Concello de Rianxo a embarcación de Cesantes foi segunda, praza que ocupa tamén na xeral da Liga Galega B de traíñas.

O sábado as dúas mangas da liga B deron sorpresas no Morrazo. Os remeiros do CCD.Cesantes conseguiron superar a CR.Poboa, líderes imbatidos ata ese momento. Os de Redondela fixeron unha regata espectacular e gañaron con claridade, superando a Poboa en 10 segundos. Terceiro foi Salgado-Perillo moi atrás. Na outra serie, éxito tamén redondelán con vitoria de Chapela, que dominou con claridade a Narón, acadando o 4º posto. Na liga Feminina a Chapela acadou a cuarta praza, por detrás de Cabo, Perillo e Tirán.
Bandeira Concello de Rianxo
Na liga B o CR.Poboa volveu mostrarse como o potente equipo de toda a tempada. Malia os ataques de Cesantes, os líderes mantiveron o primeiro posto, e devolvéronlle os 10 segundos na meta aos redondeláns. Salgado-Perillo, terceiro na serie, quedou na cuarta posición superado por Narón, vencedor na segunda manga na que dominou a Chapela, que foi quinto na xeral da regata. Poboa mantense en solitario como líder da liga B, con 35 puntos, seguido de Cesantes con 27, Salgado-Perillo, 23, Narón 14 e Chapela 11. Na liga Feminina mantivéronse as posicións do sábado, con Chapela na 4ª praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará