Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos promove os seus montes como fonte de saúde

RR_Noticias

Reducir o estrés, a ansiedade, mellorar o noso sistema inmune e forma física, son algúns dos beneficios de “Bosques Terapéuticos” un programa que convida a percorrer cinco parques forestais da provincia de Pontevedra para contribuír ao noso benestar pero tamén difundir o coidado da natureza, a riqueza patrimonial, natural e arqueolóxica dos nosos bosques. En total trinta saídas que se prolongarán até finais do mes de setembro.

O binomio bosques e saúde non é novo, xa veñen practicando estes “baños de bosque, como se lle chama a esta práctica, dende hai séculos na cultura xaponesa e que agora chega a Fornelos de Montes da man do programa da Deputación de Pontevedra, “Bosques Terapéuticos”. Rutas de hora e media, en grupos reducidos de quince persoas nos que ademais de dar a coñecer a riqueza arqueolóxica e patrimonial dos parques forestais, incídese no seu valor terapéutico e de recreo.
Unhas visitas guiadas interpretativas que se centrarán en cinco parques forestais da provincia: o parque da Freaza en Fornelos, o da Picaraña en Ponteareas, Cabo Udra no concello de Bueu, Camposancos en A Guarda e Costa de Oia e Serra da Groba no municipio de Oia. En total trinta visitas que comezan o 18 de xullo e rematan o 27 de setembro.
En Fornelos desenvolveranse seis visitas no parque forestal da Freaza dende este domingo e até o 26 de setembro. Un percorrido pola beira do río, no que acompañados de carballos e castiñeiros veremos pontes, levadas, muíños e o foxo do lobo de Bustelos, unha construción que se empregaba no rural para cazar os lobos e evitar que comesen os animais domésticos.  Moi comúns nesta zona da Serra do Suído.
Un programa que, como nos explicaba a deputada de Medio Ambiente, Iria Lamas, xa está completo e con lista de agarda pero que pretende repetir dada a boa acollida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará