Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inicia esta semana os traballos de roza e limpeza en todo o municipio

RR_Noticias

O goberno local asegura que estas labores estaban prevista para moito antes pero que “como aconteceu con todo, os prazos iniciais foron trastocados pola crise sanitaria da COVID-19 e o conseguinte estado de alarma” malia todo engaden “inícianse antes do que o fixeron en anos pasados”. Aos catro lotes habituais que se contrataban para as labores de rozado engádese, por primeira vez, un quinto lote para posteriores traballos de mantemento o que permitirá “a limpeza do municipio ao longo do tempo”.

O Concello de Redondela comezará, esta vindeira semana, os traballos de rozado e limpeza en todo o municipio. Así quedou decidido trala reunión mantida polo concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, cos responsables da empresa realizada de desenvolver ditas actuacións.
O responsable de Vías e Obras e a alcaldesa, Digna Rivas, salientaron que o inicio destas actividades de rozado e limpeza “estaban previstas para moito antes” pero que se atrasaron polo estado de alarma. 
Como novidade este ano, estes traballos contan cunha importante novidade xa que aos catro lotes habituais que se encargan da limpeza das parroquias asignadas a cada un deles engádese un quinto lote de reforzó que permitirá que, unha vez terminado os traballos en todas as parroquias, “se poida actuar naqueles puntos que, por diferentes razóns, se faga preciso realizar unha nova roza ou limpeza”. Con este novo sistema conséguese, segundo a rexedora local, “non só unha limpeza de todo o municipio senón tamén o mantemento de dita limpeza ao longo do tempo”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará