Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía detén un vehículo na N-555 e descubre gran cantidade de droga oculta no interior

RR_Noticias

Un dispositivo conxunto da Policía Local e Nacional detiña na madrugada de hoxe un vehículo nun control de rutina na subida ao aeroporto. O nerviosismo do condutor, un veciño do Porriño de 48 anos de idade, leváronos a requisar o interior do vehículo, descubrindo un gran número de sustancias estupefacientes ocultas nun oco así como 7 teléfonos móbiles, un ordenador portátil, dúas tablets e cartos en efectivo. O vehículo foi intervido e ao codutor se lle imputa un delito de tráfico de drogas.

Os feitos producíanse ás 4:50 horas da madrugada de hoxe dentro da Operación “Sereno” un operativos de control aleatorio de vehículos nos accesos de Redondela. Tras observar un vehículo de alta gama na N-555 e indicar que se detivera decatáronse de que o condutor actuaba con certo nerviosismo procedendo a súa identificación e a rexistrar o interior do vehículo localizando un oco que contiña diversas sustancias estupefacientes. Cocaína, heroína, hachís cortado, un frasco con 42 comprimidos de trankimazin, varias pastillas de metadona, cartos en efectivos e outros efectos así como varios teléfonos móbiles, tablets, un ordenador portatil e diversas axendas foi o resultado do rexistro.
Os axentes procederon á detención do varón, requisándolle o vehículo e trasladado a dependencias policiais comprobándose que tiña antecedentes por feitos semellantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará