Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prunus Lusitanica: Árbores para presumir e protexer no entorno do Río Pugariño en Chapela

RR_Noticias

A Asociación de Veciños da parroquia demanda medidas de protección para unha especie atopada na ribeira do río Pugariño, unha poboación de 30 exemplares de Prunus Lusitanica, incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Ademais de medidas de protección coa colocación de carteis que poñan en valor a relevancia da existencia desta árbores, reclaman a Medio Ambiente unha maior protección para a zona do Pugariño entre a Senda da Auga e a Estrada da Madroa e a súa catalogación como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Explican dende o colectivo veciñal que esta poboacións de árbores pertencente a unha expecie ameazada foi atopaba recentemente na ribeira do rego Pugariño polo naturalista Albonso Salvador Rodríguez. Un achádego que entenden moi relevante ao tratarse dunha especie que case se extinguiu en toda Europa durante as glaciacións, quedando confinada en areas de refuxio de clima menos extremo. Só terían quedado algunhas poboacións moi illadas nalgúns puntos de Europa. En Galicia soamente se tiña constancia da existencia desta especie no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, no canón de Arnoia, no río do Adro (Crecente) e nas próximidades de Santiago.
Engaden que a poboación descuberta no Pugariño podería ter sobrevivido nesta zona tras as glaciacións ou ben espallarse posteriormente a través da acción dalgunha ave que tivera esparcido as sementes nesa zona.
Aínda que se tratase desta segunda opción, non deixaría de ter un grande valor por ser unha poboación naturalizada, que medra e se reproduce de forma espontánea neste lugar dun modo moi semellante a como o fai no seu hábitat orixinal.
A poboación desta especie tan peculiar está formada por un número mínimo de 30 exemplares nunha zona que integra un estrato arborescente moi diverso con presenza tamén de castiñeiros, estripeiros e outras especies caducifolias. Algunhas destas árbores, especialmente os carballos, seguramente son centenarias.
Por tanto, a zona do Pugariño entre a Senda da Auga e a Estrada da Madroa, ten unha ampla biodiversidade, o que xustificaría tal e como demandan dende a Asociación de Veciños a súa protección e calificación como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará