Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior esixe a apertura inmediata do consultorio médico de Romariz

RR_Noticias

Uns 150 veciños e representantes de colectivos e asocicións de Soutomaior reuníronse onte no campo de San Benito para esixir ao Sergas a apertura inmediata do consultorio de Romariz. Leva pechado desde o pasado mes de marzo, o que supón un grave deterioro para a atención médica dos veciños nun municipio onde a precariedade da Atención Primaria xa é “estrutural”.

Así o denuncia o voceiro do BNG, Manu Lourenzo, que onte convocaba esta xuntanza para poñer en común coa veciñanza “todas as medidas necesarias para que cese o desmantelamento da sanidade en Soutomaior”. Critican a política de recortes da Xunta de Galicia co consultorio de Soutomaior pechado,o que obriga a moitos veciños de idade avanzada a desprazarse,mesmo en taxi, para poder acudir ao médico. Tampouco se cubren as baixas de enfermeiría no centro de saúde de Arcade. Lourenzo destacou tamén que en Soutomaior os cupos sanitarios son “demenciais”, mentres noutros Concellos veciños de 6.000 habitantes teñen 4 médicos, no seu municipio con 7.400 veciños só hai 3 facultativos. O portavoz municipal anunciou novas mobilizacións e outras medidas de presión se non se reabre de inmediato o consultorio, “non imos parar ata que non se recupere o servizo sanitario en Soutomaior”, asegurou. O voceiro do BNG denuncia tamén a actitude do goberno local e do seu alcalde á cabeza, Agustín Reguera, que mentres nos plenos apoia actuacións para esixir ao Sergas unha atención sanitaria de calidade para Soutomaior, despois deixa as propostas “esquecidas nun caixón”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará