Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Isabel lago: “A miña neta abrázame e dime que xa todo pasou”

RR_Noticias

Como tantos outras persoas maiores unha das cousas que máis botou de menos esta veciña de Cabeiro foi estar coas netas. Tres meses despois e unha vez levantado o Estado de alarma xa volveu abrazalas. A máis pequeña e máis optimista dille que xa todo pasou, pero Lago é prudente e mantén as súas reservas sobre o que poida pasar de cara ao futuro “teño familiares médicos e non dan a cousa por controlada”. Retomou actividades habituais como camiñar ou ir a misa pero di que non todos os fieis regresaron ao templo porque aínda hai medo.

Unhas misas atípicas onde os fregueses manteñen unha distancia obrigada e das que se eliminaron costumes como persignarse con auga bendita ou darse a man. Medidas que afectan a todos os ámbitos da vida e que tamén se aplican dentro dos templos. Con todo, hai quen aínda non ten a confianza suficiente como para regresar a este espazo “teño amigas que non se atreven a volver a misa polo de agora”.
Isabel Lago si o fai pero con todas as medidas de seguridade necesarias. Para ela o uso da máscara non é unha molestia “xa a usaba cando traballaba así que estou acostumada, so a quito cando vou andar”.
Malia que xa quedaron atrás eses meses de confinamento non esquece o que foron semanas de estar na casa. Sobre todo lembra o difícil que foi non ter relación con ninguén agás cos da casa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará