Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela renuncia ao plan da Xunta e a Fegamp para a prevención dos incendios

RR_Noticias

Todos os grupos agás o PP rexeitaron continuar neste convenio atendendo a que o noso concello xa conta cun plan de prevención moito máis ambicioso, en palabras do Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar e que conlevaría  moitas cargas administrativas. Os populares criticaron a decisión do pleno por entender que sería un plan “moi beneficioso para os redondeláns” mentres o BNG lembrou que o seu grupo xa se amosara contrario a sumarse a esta iniciativa por non defender os intereses do concello.

Dous anos atrás o pleno de Redondela aprobaba co apoio de todos os grupos, excepto o BNG, a adhesión do concello ao convenio entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e provincias (Fegamp) e o Seaga en materia de prevención de incendios forestais para acometer a xestión e a limpeza das franxas próximas aos núcleos de protección.
Hoxe o pleno deu marcha atrás a decidiu renunciar a este convenio argumentando que sumarse ao mesmo non supón ningún beneficio para Redondela. De feito, o edil de medio Ambiente rexeitaba que este convenio fose “un plan antiincendios, o único que fai é realizar franxas en torno ás vivencias” , franxas sobre as que a día de hoxe xa se está actuando “anualmente realízanse unhas 400 notificacións cun porcentaxe moi alto de execución, xa que o 90% dos propietarios realizan os traballos de limpeza unha vez notificados”.
Criticaba ademais un plan que dixo “non aporta nin recursos económicos nin materiais, pero si moitas cargas administrativas”.
O nacionalista Xoán Carlos González lembraba que xa no seu día alertaran dun plan que “só busca o beneficios da Xunta a través do Seaga”, mentres o PSOE argumentaba a súa postura a favor de abandonar o convenio “baseándonos en informes técnicos que aconsellan que renunciemos a este convenio, que no seu día aceptamos crendo nos promesas da Xunta que agora vemos non son certas”.
O PP mantívose fiel na súa defensa dun convenio que “só ten beneficios e ben completar o plan de incendios co que xa conta o concello”. Criticaba a edil popular, Carmen Amoedo ao responsable de medio Ambiente que “na vez de construír destrúe, tras renunciar a Bandeira Azul de Cesantes, agora renuncia a este convenio que sería moi beneficioso para os redondeláns”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará