Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela retira os primeiros vehículos declarados Residuos Sólidos Urbanos

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente en coordinación coa Policía Local, procedeu nesta semana á retirada dos primeiros vehículos inmobilizados no depósito ou abandonados na vía pública dende hai anos -cinco vehículos e unha motocicleta-  logo de seren declarados como Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Na actualidade atópanse nesta situación un total de 31 vehículos.

A Concellería de Medio Ambiente subliñou que este trámite “estaba totalmente parado co anterior Goberno” nunha mostra evidente, sinalou o concelleiro Roberto Villar “de deixamento de funcións e importándolle ben pouco nin a mala imaxe que ofrecían estes vehículos abandonados nin o grave impacto ambiental que supuñan tales vehículos”. O edil lembra que algúns deles levaban no depósito dende o ano 2017.
Dentro desa iniciativa, esta semana pasada foron declarados como RSU cinco vehículos e unha motocicleta, procedendo a Policía Local a súa retirada do depósito cun guindastre para o seu traslado a unha instalación autorizada para o seu despezamento.
Na actualidade, atópanse abertos 31 expedientes por vehículos abandonados, segundo os datos que obran en poder da Policía Local, aos que se lle irá dando saída na medida do posible o verse os prazos suspendidos con motivo da declaración do Estado de Alarma.
Proximamente, sinalou o concelleiro, “os expedientes serán expostos no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (BOE) para, posteriormente, ser declarados como residuos e proceder á súa retirada”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará