Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reabren as salas de estudo das bibliotecas de Redondela e Chapela coa “nova normalidade”

RR_Noticias

As Bibliotecas Municipais de Redondela reabren hoxe luns, 15 de xuño, as súas salas de estudo. O servizo recupérase respetando o aforo, cumprindo sempre a distancia interpersoal e a limpeza e hixiene axeitados. As salas estarán abertas ao público en horario de luns a venres de 08:30 a 14.00 horas na biblioteca de Redondela e de 09:00 a 14:00 horas en Chapela.

No caso da sala de estudo da Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, para ampliar o número de postos dispoñibles, adaptouse un dos espazos da planta baixa do Multiúsos da Xunqueira, acadando así un total de vinte praza. Os restantes servizos en curso nas bibliotecas de Redondela, que se incorporaron progresivamente nas fases anteriores, son os de préstamo e devolución, uso de computadores, servizo de referencia, información e consulta bibliográfica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará