Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Pontón mantén un encontro en Redondela coa militancia e a asociación Paxaretas

RR_Noticias

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, manterá esta tarde un encontro coa asociación feminista Paxaretas para abordar cuestións do seu traballo a favor da igualdade real das mulleres. Será antes do acto que o BNG celebra con militancia e simpatizantes no Multiúsos da Xunqueira ás 20.00 horas.

Pontón reunirase coa asociación redondelá Paxaretas, xunto coa candidata por Pontevedra Alexandra Fernández e a candidata da localidade, Jésica García Cruz. Será ás 19.15 horas no Multiúsos da Xunqueira para abordar cuestións do traballo desta plataforma a favor da igualdade real das mulleres. Ás 20.00 horas Pontón participará nun acto coa militancia e simpatizantes xunto co cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, e outros integrantes da candidatura, que terá lugar no auditorio da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará