Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade recupera este mes a feira de Talo Río

RR_Noticias

A tradicional feira de Arcade regresará á alameda Talo Río o próximo día 26, unha vez rematado o estado de alarma sanitaria. Son case 50 comerciantes os que dispoñen de licenza e volverán a totalidade dos postos, xa que a gran amplitude da alameda permite cumprir coas recomendacións sanitarias para o distanciamento social.

A diferencia das feiras celebradas desde a fase 2 noutras localidades, nas que só se permitía a venda de produtos agroalimentarios, a feira de Arcade contará con todos os establecementos habituais, desde os dedicados ao téxtil aos de alimentación tradicional, pastelaría, calzado ou os dedicados á bixutaría e o coiro. A novidade nesta feira de Arcade será a obrigatoriedade dos comerciantes de atender con máscara, para garantir a súa protección e a dos clientes. Ademais, desde o Concello estudan a instalación de sinalizacións e a creación de carrís de dirección única para garantir o distanciamento entre os clientes durante as súas compras. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, indicou que esta reapertura é “unha gran noticia”, xa que contribuirá á recuperación da normalidade “para todo o comercio local e para todos os veciños”. Engade o rexedor que segue sendo importante “seguir as recomendacións sanitarias e usar máscaras cando non se poida cumprir o distanciamento social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará