Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O coronavirus leva as alfombras ata as parroquias

RR_Noticias

Non houbo este ano procesión nin alfombras de flores engalanando as rúas da vila, pero si houbo moita participación veciñal que decidiu celebrar estas festas atípicas facendo as súas propias composicións. En moitos casos veciños a nivel particular, grupos de amigos ou asociacións ou colectivos como os gañadores do concurso celebrado pola Concellería de Cultura, o grupo Casa Paco. Algunhas desas alfombras decoraron as rúas e os domicilios nas parroquias, que habitualmente son alleas a esta celebración.

As imaxes destas alfombras con deseños do máis variado pódense ver no facebook do Concello. Gaiteiros, Cocas con máscara, diversos animais, deseños xeomátricos… Os motivos que decoraron estes tapices foron do máis dispar, resultado gañador un escudo do Grupo Casa Paco elaborado con pétalos que foi o que recibiu o maior número de apoios na rede. En segundo lugar o que podería ser un cadro de Miró tamén trasladado ao material vexetal e en terceiro a Coca elaborada no CAMP de Chapela baixo o título “A Coca contra o becho”.
Un Xoves da Coca na que tan só a música da Banda facía lembrar que estabamos no festivo local, música que tamén se escoitará o domingo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará