Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande reabre as súas portas

RR_Noticias

Atendendo as medidas sanitarias impostas polo coronavirus serán obrigatorias as máscaras de protección e manter a distancia social á hora de visitar este museo en Rande que mantiña as súas portas pechadas dende o pasado 12 de marzo. As instalacións poderán visitarse en de martes a domingo en horario de 11:30h a 13:30h pola mañá e de 16:30h a 19:30h pola tarde. Os luns permanecerá pechada por descanso do persoal. Mías información no 986 458 891 e no enderezo meirande@redondela.gal

O Concello de Redondela reabría esta semana o museo Meirande con todas as medidas de seguridade e hixiene que marca a normativa sanitaria imposta pola crise do covid-19 así como unha limitación do aforo ao 75%. Así, logo de tres meses pechado, veciños e visitantes poderán visitar o museo de interpretación da batalla mantendo a distancia social e o uso obrigado de máscara, do mesmo xeito que no resto de espazos pechados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará