Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha ao tráfico as rúas do centro da vila polo Día Mundial do Medio Ambiente

RR_Noticias

Mañá venres, día 5 de Xuño, pecharanse ao tráfico as rúas Alfonso XII , Ribeira e Xeneral Rubín dende as 16.00 ata as 22.00 horas. Nestas céntricas rúas farase unha instalación artística en colaboración co Colectivo Artelixo, co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que esta iniciativa será o anticipo de futuras actividades buscando espazos abertos “tan necesarios a raíz da pandemia da COVID-19”. Desde o Concello sinalan que, se o peche ao tráfico resulta positivo para o os establecementos da vila, estudarán incluír este tipo de medidas dentro do Plan de Reactivación do Comercio Local. O equipo de goberno busca crear espazos “libres para os peóns” onde se poidan realizar todo tipo de actividades. O obxectivo é encamiñarse a un modelo “que permita a peonalización de rúas para toda a cidadanía e un novo modelo de casco urbano sen a presenza de coches”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará