Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un condutor que quintuplicaba a taxa de alcol logo de adentrarse nas instalacións de Aqualia

RR_Noticias

No mediodía de onte mércores axentes da Policía Local de Redondela detiveron a un conductor, veciño de Vigo, logo de adentrarse co seu vehículo no interior de Aqualia, na avenida Mendiño. Logo de circular “dando tumbos” polos xardíns da empresa saiu do recinto á carreira deixando o coche no interior.

Axentes da Policía Local de Redondela instruiron dilixencias ao Xulgado de garda por un presunto delito contra a segurida devial. Os feitos aconteceron onte, arredor das 13.30 horas, cando un varón veciño de Vigo se adentrou co seu vehículo, un BMW, no interior do recinto de Aqualia. Circulou polos xardíns dando bandazos ata quedar sen saída, momento no que saiu á carreira deixando o coche no interior. Feita unha batida pola zona, os axentes localizaron ao conductor, quen recoñeceu os feitos, e foi sometido as probas de alcolemia. Arroxou un resultado positivo de 1,20 mg/l e 1,16 mg/l de aire espirado, o que case quintuplica a taxa permitida, que se sitúa en 0,25 mg/l. O vehículo foi inmobilizado e o condutor, que quedou en liberdade con cargos, será sometido a un xuizo rápido a próxima semana. No operativo tamén participou a Policía Nacional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará