Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Feira volve a Redondela con reparto de máscaras e accesos controlados para evitar aglomeracións

RR_Noticias

Un total de 160 postos de agroalimentación, calzado e téxtil ofrecerán os seus produtos o vindeiro sábado día 6 na que será a primeira feira no centro da vila despois de tres meses de parón obrigado. Feirantes e clientes con mascaras de protección, uso de xel hidroalcólico, espazo de seis metros para cada posto ou distancia social, marcarán o retorno dun mercadiño no que a Concellería de Feiras e mercados extremou as precaucións para evitar posibles contaxios.

A feira de Chapela foi a primeira en recupera a actividade logo de quedar suspendida o pasado mes de marzo coa declaración do Estado de Alarma por mor da COVID-19. Recupera así as súas datas habituais de celebración, os días 2 e 16 de cada mes.
O sábado día 6 regresarán tamén os ambulantes a Redondela con importantes medidas de cara a garantir a seguridade de vendedores e clientes. Para garantir o espazo entre postos -un total de 160 ofrecerán os seus produtos de roupa, calzado e agroalimentación- pecharase ao tráfico a Avenida Mendiño, dende o bar Rivas ata a rotonda. Cómpre salientar que, coas novas medidas de seguridade, os postos terán que contar cun mínimo de 4 metros de distancia entre eles por cada lado, mentres que a distancia frontal entre posto e posto terá, como mínimo, 6 metros coa recomendación engadida de non situalos un fronte a outro.
Ademais delimitarase o recinto establecendo puntos de acceso e saída. “O obxectivo é evitar aglomeracións e tamén que todos os que acceden a feira leven posta a máscara de protección, que se lles facilitará nos puntos de entrada, e que laven as mans con xel hidroalcólico” explica o edil de Feiras e mercados, Vicente Lamas.
A alcaldesa Digna Rivas salientou a importancia do reinicio desta actividade “que un elemento dinamizador da economía e o comercio local e un paso mais no camiño desta nova normalidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará