Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Villar: “Dende o Concello non hai permisividade con Aucosa”

RR_Noticias

O edil de Medio Ambiente asegura que son conscientes no equipo de goberno da situación que viven os veciños, fartos do fedor que produce esta fábrica de fariñas de peixe. “Practicamente casa semana enviamos informes á Xunta comunicando que Aucosa está a realizar unha actividade prexudicial que provoca cheiros e vertidos e non entendemos que non se nos responda”. Dende o Concello aseguran estar en contra de que este tipo de actividade se desenvolva en zona urbana pero que “de contar con todos os informes positivos teremos que acatar a lei”.

Dende hai anos os veciños de Cabanas e Rande veñen denunciando os cheiros e os vertidos que provoca esta empresa. Cheiros que se teñen incrementado nos últimos tempos o que provoca que todas as semanas os residentes nesta zona presenten queixas e denuncias. Unha situación da que son conscientes na Concellería de Medio Ambiente “os problemas que xera esta planta afectan a todo o concello e incluso a outra beira da ría tanto en Domaio como en Vilaboa” explica o edil Roberto Villar.
A empresa anunciara obras para reducir e tratar os malos cheiros que provoca. Unhas obras que foron paralizadas por carecer de licenza e que, no caso de realizarse, suporán unha ampliación das instalacións e non o seu traslado a outro espazo más axeitado para unha empresa destas características como defenden os veciños e diferentes colectivos, entre eles a Plataforma en defensa da Enseada.
O Concello asegura que están traballando “no tema da licenza municipal, o posicionamento do goberno é que esta empresa non debería estar nese lugar, pero non é competencia do concello denegar unha actividade no caso de que a Xunta – como administración competente- achegue todos os informes positivos”.
Villar lamenta que malia que dende o concello “se están enviado practicamente casa semana informes a Xunta sobre a actividade prexudicial que realiza Aucosa, e sendo o lóxico que nos comunicaran as medidas que van tomar ao respecto, polo de agora no obtivemos resposta”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará