Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os furanchos de Redondela solicitan poder abrir tamén en agosto

RR_Noticias

A Xunta de Galicia permitiu a reapertura destes establecementos tradicionais, logo do peche obrigado en marzo por mor da crise da COVID-19. Deberán limitar o aforo ao 50% da súa capacidade e poderán permanecer abertos ata o 31 de xullo. Un prazo que os furancheiros de Redondela consideran “insuficiente” para dar saída ao seu excedente de viño.

Fermín Alonso, presidente da Asociación de Furancheiros de Redondela, sinala que serán só “sete semanas de actividade”, xa que a maioría abrirá os seus establecementos este venres, día 5. A normativa permite que estes locais tradicionais estean abertos durante tres meses ao ano, polo que solicitan poder abrir tamén algúns días en agosto para poder dar saída á súa produción de viño. A reapertura faise coas mesmas limitacións que na hostalaría, cun máximo do 50% da súa capacidade, tanto no interior como no exterior, e adaptando o servizo ás medidas hixiénico sanitarias establecidas para calquera establecemento aberto ao público. Terán que garantir a distancia de seguridade entre as mesas, e tamén extremar a limpeza e a hixiene. No caso de Redondela, había furanchos que xa estaban funcionando en marzo e tiveron que pechar polo Estado de Alarma, algúns deles xa non volverán a abrir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará