Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A familia da SAR segue “conectada” a través das redes

RR_Noticias

A entidade de balonmán redondelá, máis que un club, “é una gran familia”, como apunta Iria Darriba. Por iso nestes días de confinamento, e ante a imposibilidade de xogar e adestrar xuntos, buscaron a maneira de seguir en contacto a través das redes sociais.

O estado de alarma obrigou a suspender as competicións de balonmán en todas as categorías, e tamén os adestramentos. Trátase dunha situación “excepcional e difícil para todos”, apunta Iria Darriba, a responsable das redes sociais da SAR. Para tentar mellorar os ánimos de todos e poder seguir en contacto, comezaron a colgar vídeos na súa páxina de Facebook. Os xogadores dos equipos sénior, que son un referente para os nenos e nenas de categorías inferiores, foron os primeiros en enviar mensaxes de ánimo e recomendacións para estes días de encerro. Tamén retos para seguir practicando a puntería na casa. A intención do club é que, nos próximos días, tamén os xogadores da base “poidan participar cos seus vídeos”. Os xogadores María Pexegueiro, Manuel Ferreira, Dani Cadilla e Xeily foron os primeiros en lanzar os seus retos, mensaxes de ánimo e consellos para estes días, desde series de televisión ata receitas de cociña. Pola súa banda, Iria Darriba segue o seu confinamento en Madrid, onde traballa e tamén xoga ao balonmán no Ikasa BM, de División de Honra Prata. Logo de formarse na SAR e xogar na máxima categoría, os estudos e o traballo levárona á capital, desde onde segue vencellada ao club redondelán como responsables das redes sociais.  

Iria Darriba responsable das redes sociais da SAR
Os xogadores dos equipos sénior foron os primeiros en enviar mensaxes de ánimo e recomendacións. A intención do club é que tamén os xogadores da base participen.
A SAR nas redes
Os xogadores María Pexegueiro Manuel Ferreira Dani Cadilla e Xeily foron os primeiros en lanzar os seus retos mensaxes de ánimo e consellos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará