Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

De Nova Delhi a Redondela, o odisea dun matrimonio para volver a casa en plena pandemia

RR_Noticias

Noelia Costas e Adrián Bouzón veñen de pasar por unha verdadeira odisea. A súa lúa de mel converteuse nun pesadelo cando lles anunciaron que tiñan que adiantar o seu regreso a Redondela e se vían incapaces de atopar un billete de volta dende a India. Finalmente lograron volver, vía Moscú, tan só uns días antes de que o país pechara o espazo aéreo. Agora recupéranse na casa pero non esquecen aos máis de 300 españois que seguen en Nova Delhi sen poder regresar.

O pasado 7 de marzo celebraban a súa voda e días despois marchaban a India na que era a súa viaxe da lúa de mel. “Marchamos tranquilos porque nin cando sacamos os visados nin cando embarcamos no avión nos advertiron de ningún tipo de problema, en ningún caso esperabamos que pasara algo semellante” explica Adrián. Saíron dende Porto e cando chegaron a Estambul, onde facían escala, foi onde se atoparon a primeira sorpresa “tomáronnos a temperatura e preguntáronnos se procediamos dalgún país de risco, que naquel momento eran tan só Italia e China”. Os primeiros días na India descorreron con tranquilidade, pero a partir do 15 de marzo as cousas complicáronse “xa nos alertaron de que non debiamos viaxar ao sur do país porque os hoteis non estaban aceptando turistas”. Vendo que as cousas comezaban a empeorar decidiron adiantar o seu regreso, que estaba previsto para o 30 deste mes. Nun primeiro momento asignáronlles uns asentos nun avión que saía do pais o mércores 18, pero finalmente ese avión foi cancelado. “Avisáronos tamén que o día 20 ou 21 estaba previsto que se pechara o espazo aéreo e nos seguiamos sen conseguir billetes de regreso”. A solución chegou dous días despois cando por fin lograron un oco nun avión que viaxaba vía Moscú “estamos contentos porque xa estamos na casa, pero lamentamos a falta de axuda da embaixada, que non nos deu apoio de ningún tipo”. Entenden que nesta situación estean desbordados pero insisten en que hai aínda moitos españois no país que están nunha situación aínda peor “calculamos que son máis de 300, sen posibilidades de regresar, confinados e incluso con problemas para atopar aloxamentos ou ir aos supermercados”.  

Adrián Bouzón
Cando marcharon a situación aínda parecía controlada
Voos cancelados
As complicacións comezaron cando tentaron adiantar o regreso
Regreso vía Moscú
Son conscientes da sorte de estar na casa e lamentan que moitos outros sigan na India sen poder regresar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará