Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprazado a setembro o Festival Internacional de Títeres de Redondela polo coronavirus

RR_Noticias

Esta mesma semana estaba previsto que a Asociación Xente Titiriteira fixera pública a programación desta edición, programada para o vindeiro mes de maio. Un festival que como novidade tiña previsto incluso ampliar a nove días a súa duración, ofertando un maior número de actividades e espectáculos. Pola contra, o anuncio é ben diferente, a organización acordou xa adiar esta cita cuxa XXI edición celebrarase do 1 ao 6 de setembro.

Un adiamento que responde a necesidade de facer fronte e adaptarse á nova situación imposta pola crise sanitaria do coronavirus, crise que obriga a reorganizar todo o calendario cando xa estaban pechados contratos coas compañías, reservas hoteleiras, billetes…
Con todo, dende a organización envían unha mensaxe optimista “os nenos e nenas fieis á súa cita cos títeres de Redondela poden estar tranquilos, pois a principios de setembro gozaremos coma nunca do espectáculo e a maxia do teatro. Agora debemos enfrontarnos a esta pandemia pero cando pase, que pasará, estamos convencidos de que os monicreques serán máis necesarios ca nunca”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará