Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, caceroladas contra o Rei e aplausos os traballadores, así pasan os redondeláns a corentena

RR_Noticias

A música era protagonista no centro da vila na tarde noite de onte pola iniciativa dun veciño da praza de Santiago. Con todo, houbo tamén cacerolada en distintos puntos da vila, con vecinos que sairon ás ventás convocados polas redes sociais para esixir ao rei emérito que done á sanidade pública a súa presunta comisión de cen millóns de euros procedente de Arabia Saudí.

Dos aplausos aos traballadores da sanidade e outros sectores que nestes días están traballando arreo para conter o coronavirus ao tempo que garantir os servizos, a convocatorias máis reivindicativas. Os e as redondeláns participan destas propostas que os levan a asomarse as súas fiestras e balcóns, ben para apludir ben para protagonizar unha sonora cacerolada, como a que se podía escoitar as 21:00 horas de onte. Unha protesta esta última convocada polas redes sociais xusto cando as televisións retransmitían o discurso do Rei Felipe VI e que servía para esixir que o Rei emérito Juan Carlos done os cen millóns que presuntamente ten en paraísos fiscais procedente de negocios opacos con Arabia Saudí.
Houbo tamén quen estivo toda a tarde amenizando o centro da vila coa súa música a todo volume procedente dun piso na praza de Santiago. 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará