Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonman Chapela lanza en redes un reto para “tirarse o rolo”

RR_Noticias

Nestes días de confinamento forzoso o club de balonmán quere contribuir a paliar o aburrimento dos xogadores e as súas familias. E fano a través das redes cun reto para seguir adestrando a puntería de xeito divertido. A primeira proba é lanzar un rolo de papel hixiénico a unha montaña formada por máis rolos que hai que derribar. Os participantes gravan un vídeo e súbeno ás redes.

Ao longo dos días desde o club irán propondo diferentes probas que os participantes terán que superar, e piden aos xogadores e ás súas familias que envíen os seus vídeos realizando os retos para compartilos con todos os seguidores. A primeira proba, seguindo á @rfebalonmano é o #TírateElRolloChallenge, que consiste en lanzar un rolo de papel a unha montaña formada por máis rolos que hai que derrubar. Isto serve tamén para afinar a puntaría despois de tantos días sen adestrar. Xa participaron os capitáns dos equipos, pero tamén moitos xogadores e xogadoras de diferentes categorías, algúns xunto ás súas familias.  

Reto do BM Chapela
A primeira proba é lanzar un rolo de papel hixiénico a unha montaña formada por máis rolos que hai que derribar. Os participantes gravan un vídeo e súbeno ás redes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará