Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ventosela anima a coñecer as vantaxes das escolas unitarias

RR_Noticias

A caída da natalidade afecta a todos os centros educativos en xeral pero é especialmente preocupante naqueles colexios, coñecidos como unitarias, onde a perda de alumnos pode supoñer o peche do centro. Non están nesta situación na unitaria de Ventosela, que se mantén por riba dos 16 alumnos, con todo realizan diferentes iniciativas de cara a captar novo alumnado. Neste sentido organizan unha xornadas de portas abertas este sábado día 8 e o martes 11 de 12:00 a 14:00 horas.

A falta de alumnado é o principal problema co que se atopan estes centros que teñen moito que ofrecer: unha maior proximidade coas familias, fomentan o espírito cooperativo e favorecen a aprendizaxe ao convivir na mesma aula nenos de diferentes idades dende os 3 aos 6 anos. A mestra responsable da unitaria de Ventosela, Ana Couñago, salienta esa convivencia coas familias que participan das actividades que se organizan no centro así como a integración dos nenos na parroquia “paseamos pola zona, visitas aos veciños, coñecemos os traballos do campo achegándonos ás casas onde hai animais…”. Un “aprender facendo” que é o seu lema e que permite aos cativos adquirir coñecementos e habilidades de xeito natural e conforme as súas capacidades e madurez. Ademais destaca o traballo cooperativo e a aprendizaxe por imitación ao mesturar alumnos de diferentes idades así como a atención individualizada con maior atención ás particularidades de cada neno ou nena. Un xeito de aprender que se afasta dos colexios máis tradicionais pero que podería ter a súa supervivencia en perigo no caso de que non se manteña o número de alumnos no futuro. “este ano tivemos 16 alumnos, dos cales ao rematar o curso marcharán catro. Confiamos en que se inscriban novos cativos para garantir así o noso futuro”.  

Ana Couñago Escoal de Ventosela
Fálanos das vantaxes deste tipo de centros
Xornadas de portas abertas
Necesrio para dar a coñecer a súa oferta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará