Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción no PP pola sentenza que elimina o requisito de empadroamento na PassVigo

RR_Noticias

Os populares amosan a súa satisfacción pola Sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo n.º 1 de Vigo, que anula o requisito de empadroamento para acceder á tarxeta PassVigo. Entenden que con esa sentenza a xustiza “remata cunha grave discriminación que o Alcalde de Vigo, coa complicidade dos socialistas de Redondela, quería impoñer aos veciños de toda a ärea metropolitana”.

Neste sentido agradecen aos veciños todo o seu apoio ao Goberno de Javier Bas, que recurriu ante a xustiza a decisión tomada por Abel Caballero, “que pretendía negar un trato igualitario aos cidadáns de fora de Vigo, mentres os vigueses se beneficiaban das vantaxes do transporte metropolitano financiado pola Xunta de Galicia e os demais concellos da área metropolitana”. Pola contra lamentan non ter contado naquel momento “co apoio dos grupos da oposición que elixiron dar as costas aos seus veciños”.
Engaden dende o PP que “ninguén debe estar por enriba da lei, e xa advertimos ao Alcalde de Vigo que esta decisión atentaba contra distintas normativas autonómicas e estatais, que prohiben de maneira expresa a discriminación das persoas polo seu lugar de residencia. Na sentencia se sinala que a condición imposta polo Alcalde de Vigo vulnera o regulamento de servizos das Corporacións locais, a Lei Galega 2/2017 e, sorprendentemente, a Ley de Ordenación de los transportes de 1987, impulsada polo entonces Ministro de Transporte, Abel Caballero”.
O Partido Popular anuncia que “estará vixiante para que o Concello de Redondela continúe defendendo os intereses dos veciños, no caso de que o Alcalde de Vigo decida recurrir a Sentencia. Esperemos que nesta ocasión, Digna Rivas antepoña os intereses de Redondela aos do PSOE”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará