Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comercio e hostalaría únense en Redondela a favor dunha causa solidaria

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela pon en marcha unha iniciativa solidaria que busca recadar fondos para diferentes colectivos ou proxectos de índole social promovidos dende o noso concello. A iniciativa desenvolverase do 9 ao 23 de febreiro, 15 días durante os cales tanto os locais de hostalaría como os comercios adheridos -máis de 40- doarán 1 euro do recadado en determinadas vendas á asociación DaMán, que preside a redondelá Pilar Martínez e que traballa en diferentes accións educativas e sanitarias en Senegal.

Este mes de febreiro as compras e consumicións no comercio e a hostalaría de Redondela terán un significado moi especial xa que unha parte irá destinada a unha ONG. A campaña terá unha duración de 15 días, entre o 9 e o 23 de febreiro e na mesma participan un total de 45 establecementos, número que podería incrementarse nos vindeiros días. Nos comercios os artigos solidarios están identificados con etiquetas co logo da campaña e que permitirán ao consumidor identificar os produtos que a súa comprar comporta un donativo á causa solidaria. Na maioría dos artigos e por unha cuestión de simplicidade o donativo é de 1€ por produto, pero en sectores específicos nos que os prezos son moi elevados ou moi baixos a achega fixase por un porcentaxe. No sector hostaleiro está campaña vai a ser un adianto da ruta do pincho xa que cada establecemento terá pinchos e tapas solidarias. Os pinchos solidarios terán un custe de 1€ que será destinado integramente a causa solidaria, pero tamén os establecementos ofrecerán tapas solidarias, o prezo da tapa virá marcado por cada establecemento, e o donativo será tamén de 1€. A ONG á que se destinarán os fondos recadados será DA MÁN, unha entidade dedicada ao traballo social solidario que desenvolve a súa actividade en Galicia coa poboación inmigrante e en Senegal levan a cabo diversos proxectos nos ámbitos educativo e sanitario fundamentalmente e que ten a súa sede na localidade de Redondela. Neste caso o obxectivo é unha prioridade para entidade xa que o reto e lograr os fondos necesarios para afrontar os custes dunha intervención cirúrxica a unha nena da colonia de Senegal coa que está traballando.  

Julia Alonso Asociación empresarios
Un euro por determinadas compras e consumicións
Máis de corenta establecementos
A campaña está aberta a novas incorporacións
Enirque Lago presidente Empresarios
Cada ano elixirase unha entidade coa que colaborar
Pilar Martínez ONG DaMán
Desenvolven proxectos educativos e sanitarios no Senegal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará