Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os deberes dos redondeláns para o novo goberno: melloras no emprego e un pacto pola educación

RR_Noticias

Hai 15 días que tomou posesión o goberno de Pedro Sánchez, o primeiro de coalición na historia recente. Nestas dúas semanas xa adoptaron medidas como a suba das pensións e do salario mínimo, pero quedan moitos retos pendentes. As melloras sociais, a reforma laboral e un pacto pola educación son algunhas das cuestións que lles demandan os redondeláns.

Despois de moitos meses de interinidade no goberno, hai dúas semanas tomaba posesión o novo executivo presidido por Pedro Sánchez. Un goberno novidoso por ser “unha coalición progresista”, e tamén moi amplo, ao contar con catro vicepresidencias e 22 ministerios. Nestes días xa se adoptaron medidas como a revalorización das pensións co IPC, a suba do salario mínimo interprofesional a 950 euros, e a suba salarial aos funcionarios do 2%. Pero hai moitos máis asuntos pendentes, e entre as prioridades, os veciños de Redondela poñen a axenda social, con melloras “no emprego, a educación e a sanidade”, como apunta Ariana. Con certas reservas, mozos como Pedro confían en que o goberno de coalición poña en práctica políticas que supoñan “beneficios para a maioría da sociedade”, malia que entende que hai que darlle “unha marxe de tempo razoable”. As melloras no emprego son tamén prioritarias para Elisa, que pon o foco nos parados con idades comprendidas entre os 45 e os 60 anos. Demanda axudas do goberno para fomentar a súa empregabilidade, porque unha vez perden o traballo “están condenados”. Ademais das melloras no ámbito laboral, Alba tamén apunta outras cuestións que o goberno debe abordar “con urxencia”, como a emerxencia climática ou a derrogación da “lei mordaza”. Pacto pola educación A educación pública é outra das bases do estado de benestar, e defende unha reforma profunda, que derrogue a actual “lei Wert”, malia que entende que en 4 anos non hai tempo suficiente para facer unha trasnformación total no ensino. Un pacto de Estado pola educación é o que demanda Silvia, e que sexan os expertos na materia os que senten as bases desa normativa “e non os políticos”. Aínda é cedo para saber se o goberno de coalición vai satisfacer todas as expectativas que están postas nel, pero en Redondela os veciños son partidarios de darlle “unha marxe de tempo razoable”. José recoñece que a lexislatura “vai ser difícil” porque a oposición vai “obstaculizar” a labor dun goberno que ademais non ten maioría no Congreso. O certo é que ten moito traballo por diante o executivo de Sanchez, con asuntos pendentes como a redución de listas de espera na dependencia, a lei de transición ecolóxica, a reforma da lei mordaza ou a posta en marcha do ingreso mínimo. Algunhas tarefas implican dificultades notables, como a renovación do Poder Xudicial, que require un acordo co PP.

Axenda Social
Entre as prioridades Ariana apunta á axenda social con melloras "no emprego a educación e a sanidade"
Beneficios para a maioría
Pedro confían en que o goberno de coalición poña en práctica políticas que supoñan "beneficios para a maioría da sociedade".
Paro
Elisa pon o foco nos parados con idades comprendidas entre os 45 e os 60 anos.
Emerxencia climática e "lei mordaza".
Alba tamén apunta outras cuestións que o goberno debe abordar "con urxencia" como a emerxencia climática e a derrogación da "lei mordaza".
Pacto pola educación
Veciñas como Silvia demandan un pacto de Estado pola Educación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará