Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior organiza autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior anima a toda a veciñanza a participar na manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro en Santiago de Compostela. Para iso, porán autobuses a disposición da veciñanza que sairán ás 10:15 horas dende o Cruce de Pierres en Arcade. Os interesados deben reservar praza no teléfono 651670870. Aproveitan esta convocatoria para lembrar que continúan as incidencias nos centros de saúde da localidade, “quedando novamente sen médicos o de Arcade este luns”.

Así o explicou o voceiro do BNG, Manu Lourenzo quen denuncia que este luns a veciñanza quedou absolutamente desatendida logo de que unha vez máis o centro de saúde de Arcade quedara sen médicos. Por este motivo, animan a toda a veciñanza a acudir á manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o día 9 en Santiago.
Ademais, o pleno do concello de Soutomaior, abordará o vindeiro xoves unha nova iniciativa do Bloque en defensa da sanidade pública. Os nacionalista esixen “que cese o seu demantelamento” e esixen ao alcalde ,Agustín Reguera “que exerza de alcalde e que actúe para defender aos seus veciños ante os recortes do PP”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará