Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lembranza das vítimas redondelás do Holocausto no Día da Memoria

RR_Noticias

Olimpio Míguez Pazos, Antonio Piñeiro Otero, José María González e Alejandro Otero, foron catro dos douscentos galegos que sufriron os horrores dos campos de concentración nazis. Só un deles conseguiría sobrevivir. Cando se cumpren 75 anos do comezo da liberación, o Colectivo Republicano e o Concello de Redondela fan un chamamento a non esquecer.

“Extorsión, tortura, horror e morte”. Iso eran os campos de concentración nos que seis millóns de xudeus e máis de dez millóns de nenos e nenas, mulleres e homes foron exterminadas polos Nazis no que é considerado como o maior xenocidio do século XX. Así se lembrou este luns no Multiúsos da Xunqueira a través das palabras do fillo de Francisco Pena Romero (Boiro), un dos deportados galegos ao campo de Mauthausen. A fame, o frío, os traballos forzados, o maltrato, eran a vida cotiá nestes campos de exterminio dos que só uns poucos conseguiron saír. Entre eles o pai de Francisco Pena. Como membro do exército francés, Pena, era detido o 22 de xuño de 1940 e confinado no campo de prisioneiros de Estrasburgo. Cinco meses despois era deportado a Mauthausen, o coñecido como campo dos españois. Resistiu aos longos invernos con temperaturas xélidas que alcanzaban os vinte graos baixo cero, ás enfermidades, á fame e ao traballo nunha canteira de granito. Alí permaneceu, cinco anos, até a chegada das tropas estadounidenses o 5 de maio de 1945. Un relato que se asemella moito ao vivido polos máis de 4.000 españois que pasaron por estes campos de exterminio e que foron lembrados, neste 27 de xaneiro, o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. Unha xornada que, en palabras do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, “serve para combater o discurso do odio e axudar a entender que é o que pasa cando permitimos que prosperen os prexuízos de odio” Dende o Colectivo Republicano fan fincapé na necesidade “da verdade, a xustiza, a memoria e a reparación que si se deron en países como Francia ou Alemaña pero non así en España”  

Fillo de Francisco Pena
Lembra o horror que viviu o seu pai no campo de Mauthausen
Daniel Boullosa Concelleiro Cultura
Boullosa desta a importancia destes actos para combater o discurso do odio
Pedro Vieitez Colectivo Republicano
Fai referencia aos catro deportados redondeláns
Markos Lareira Colectivo Republicano
Piden a xustiza e reparación que se deron noutros países como Alemaña ou Francia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará