Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan a procedencia do proxectil atopado en Rande

RR_Noticias

Dous pescadores atoparon as dez da mañá de onte o que podería ser unha granada de uso habitual do exército a tan só uns 50 metros do Meirande. Alertado o 112 ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional así como técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os coñecidos como Tedax, que retiraron o obxecto cuxa procedencia agora se investiga. O concelleiro de interior, Leonardo Cabaleiro, explica que en ningún momento houbo risco para a poboación e que se descarta a existencia doutros artefactos na zona.

O proxectil tería un tamaño de corenta centímetros, é de cor verde e leva unha pequena inscrición en letras amarelas. Así describía o concelleiro este artefacto que se atopaba na mañá de onte no litoral de Rande, a tan só uns cincuenta metros do Museo Meirande. Foron uns pescadores os que atoparon o proxectil, posiblemente unha granada do exército, e alertaron aos servizos de emerxencia. Ata o lugar desprazáronse os axentes e os técnicos do Tedax que optaron por non explosionar o proxectil e decidiron retiralo para que o destrúan os expertos. Queda nas súas mans a investigación posterior cuxas conclusión se trasladarán ao Xulgado de Garda que se encargaran de tentar averiguar a súa procedencia. Cabaleiro insiste en que malia o alarmante que poida parecer a localización dun proxectil destas características en ningún momento houbo risco para a poboación da zona polo que tranquiliza aos veciños. Engade que “rastrexada a zona non se detectaron outros artefactos polo que todo apunta a un caso illado”.  

Leonardo Cabaleiro concelleiro de interior
Un proxectil retirado polos Tedax
50 metros do Meirande
Rastrexada a zona non se atoparon máis artefactos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará