Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonza Fernández: “Se seguimos nesta liña, os números do Choco aínda poden mellorar máis”

RR_Noticias

Despois de comezar o ano cunha goleada sobre o Barco, o C.D. Choco disputará o domingo o último partido da primeira volta en Bergantiños. Actualmente no 5º posto da táboa, a dous puntos da fase de ascenso, o equipo redondelán afronta a segunda volta “con tranquilidade e sen presión”.

O domingo chegou a Santa Mariña un agasallo adiantado de Reis para os afeccionados co C.D. Choco, cunha abafante vitoria ante o Barco, un dos equipos máis fortes da categoría. O equipo que adestra “Gonza” Fernández superou por 5-0 aos ourensáns, e seguen unha xeira moi positiva sen perder na casa desde o 20 de outubro. Ocupan o 5º posto na táboa, a tan só dous puntos da fase de asenso. O domingo rematan a primeira metade da competición na casa do Bergantiños, equipo chamado a pelexar pola cabeza da táboa, pero que se atopa en postos de descenso. O técnico redondelán sinala que viaxan á vila coruñesa para afrontar o partido “con tranquilidade e sen ningún tipo de presión”. Son os locais os que teñen a necesidade de sumar para saír do pozo, mentres o Choco só pensa en facer o partido “o mellor posible”. “Gonza” sinala que unha vitoria suporía rematar a primeira volta con 34 puntos “co que o resultado sería excelente”. Segunda volta A partir da próxima semana comeza a segunda volta, na que o Choco marca como obxectivo “sumar canto antes os 45 puntos que garantan a permanencia”, afirma Fernández, e a partir de aí poderán soñar con obxectivos máis ambiciosos. O técnico non renuncia a eles, afirma que ten “un grupo excelente, comprometido e que traballa a un gran nivel en todos os adestramentos”. Por iso asegura que, de seguir nesta mesma liña, na segunda volta podería seguir cos bos números da primeira volta “ou mesmo mellorar resultados”. Regreso de Davicín Para esta segunda parte da competición o conxunto redondelán contará con importantes incorporacións, como o regreso de Davicín, que xa comezou a ter minutos nos últimos encontros, tras varios meses lesionado. No partido do Bergantiños foi o autor de dous goles, e “Gonza” non dubida de que seguirá dando “moitas alegrías” ao equipo. O adestrador amósase “feliz” polo seu regreso, xa que é unha boa nova para o xogador e para todo o club.

Gonza Fernández adestrador do C.D.Choco
Actualmente no 5º posto da táboa a dous puntos da fase de ascenso o equipo redondelán afronta a segunda volta "con tranquilidade e sen presión".
Bergantiños-Choco
Viaxan á vila coruñesa para afrontar o partido "con tranquilidade e sen ningún tipo de presión".
Regreso de Davicín
O adestrador amósase "feliz" polo seu regreso xa que é unha boa nova para o xogador e para todo o club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará