Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso para deixar de fumar

RR_Noticias

A Asociación Contra o Cáncer de Redondela organiza un curso para axudar aos fumadores a deixar o tabaco. O curso comprende sete sesións de hora e media durante sete semanas así como unha cita de seguimento para previr posibles recaídas e manter a abstinencia. Malia ser gratuíto esíxese un depósito de 60 euros aos participantes que se devolverá ao finalizar se asiste a todas as sesións. A inscrición está aberta ata o 15 de xaneiro.

O programa para deixar de fumar ten unha taxa de éxito do 60% e desenvólvese ao longo de 7 sesións de hora e media repartidas en sete semanas e dirixidas por un psicólogo da asoicación. Durante este tempo os usuarios reciben diferentes ferramentas e técnicas que favorecen a redución gradual do consumo de cigarros ata deixalo completamente, diminúen a probabilidade de recaída e permiten a adopción de hábitos saudables. A data de inicio establecerase unha vez pechada a listaxe definitiva de participantes.
A pesar de que é un curso gratuíto, as persoas participantes deben deixar un depósito de 60 euros co obxectivo de asegurar a súa presenza en todas as sesións, e que se devolve de forma íntegra en caso de non faltar a ningunha. Por cada falta non xustificada retíranse 6 euros, até un máximo de tres faltas, a partir da cal se perde o depósito total.
Lembran dende a Asociación que actualmente, o tabaco é un dos maiores problemas de saúde pública nos países desenvolvidos. Sábese que o fume de tabaco contén máis de 4.000 produtos químicos, dos cales polo menos 250 son nocivos e máis de 50 causan cancro. Por este motivo anima a todos os fumadores a achegarse a esta iniciativa e abandonar un hábito tan nocivo para a saúde. As persoas interesadas deben inscribirse antes do mércores 15 no teléfono  654  235  376, no correo redondela@aecc.es ou no Edificio Multiusos os mércores de 12:30 a 14:00.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará