Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vivenda máis accesible e un alto índice de poboación estranxeira, motores demográficos en Soutomaior

RR_Noticias

Unha vivenda máis económica e a proximidade a cidades como Vigo e Pontevedra ou mesmo Redondela favorece a achegada de veciños dos municipio limítrofes. Pero tamén o alto índice de poboación estranxeira, principalmente de Marrocos e que supoñen un 4% do total, favorecen que este concello, contrariamente ao que acontece na comarca, vexa como ano tras anos incrementa a súa poboación. Un crecemento constante que sitúa a súa poboación en 7.395 neste 2020, 90 máis que no ano anterior.

Soutomaior é o único de toda a comarca que crece en número de veciños segundo o padrón municipal do INE do 1 de xaneiro. Un comportamento que chama máis a atención tendo en conta que tanto Redondela como Pazos e Fornelos levan anos caendo en número de veciños, nunha comarca que perdeu nunha década 1.108 habitantes. Pola contra o incremento experimentado en Soutomaior posibilitan que este municipio entre na listaxe dos mil concellos con máis habitantes de toda España e se sitúe no posto 73 entre os concellos galegos.
Para o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o constante aumento de poboación responde a diversos factores. “Estar á beira de dous grandes núcleos de poboación axúdanos porque nos permite recibir a moitas familias que traballan fóra, pero prefiren vivir aquí porque a vivenda é moito máis accesible e están só a 20 minutos de Vigo ou Pontevedra”.
Do mesmo xeito, Reguera destacou que o crecemento dos servizos no municipio durante os últimos 20 anos xa que “para que as familias decidan instalarse en Soutomaior é importante que conten con todos os servizo: gardarías, colexios e institutos para os seus fillos, axudas para o material escolar e o transporte, actividades”.
Unha das cifras máis destacables da poboación de Soutomaior é o seu alto índice de poboación estranxeira, que conta con até 30 nacionalidades diferentes. En total son máis de 300 os veciños chegados do estranxeiro, o que se traduce en máis do 4% da cifra total de habitantes.
A principal comunidade é a dos nados no reino de Marrocos, que conta con 114 membros e supón o 1,5% da poboación. A continuación, sitúanse a comunidade portuguesa e a brasileira, con 33 membros cada unha e un 0,44% da poboación total.
En canto aos núcleos familiares. As unidades compostas netamente por veciños de nacionalidade estranxeira ascenden a 64, mentres o número de unidades familiares de nacionalidade mixta sitúase en 96. O número de habitantes estranxeiros maiores de idade sitúase en 173, e en 137 o de menores de 18 anos.
Para o alcalde estas cifras son boa mostra da hospitalidade de Soutomaior e dos seus veciños “é algo que tentamos promover desde o propio Concello con actividades como os clubs de lectura fácil da biblioteca, cos que lles axudamos a iniciarse e mellorar na aprendizaxe dos nosos dous idiomas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará