Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ás “Batallas de Galos”

RR_Noticias

O parque de patinaxe da Marisma é o lugar elixido para a celebración da Batalla de Galos, mañá sábado 4 de xaneiro. Haberá tamén outras actividades complementarias con exhibición de graffiteiros e música para amenizar a xornada desde as 16.30 horas.

A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela celebra este sábado un evento novidoso dirixido especialmente á mocidade, pero apto para todos os públicos. Trátase dunha actividade relacionada co movemento urbano que terá comezo ás 16:30 horas no parque de “skate” da Marisma. Contará con distintas actividades artísticas coma unha batalla de galos, exhibición de graffiteiros e picadiscos que amenizarán a xornada. A batalla de galos organízase grazas á colaboración de mozos e mozas de Redondela e Chapela que realizaran unha competición entre bandas. Trátase dun “combate verbal” improvisado, entre dous ou máis participantes, co obxectivo de superar ao contrincante a traavés de rimas. A “pelexa” estará regulada por un xurado formado por 3 integrantes que velarán por unha competición “limpa e respetuosa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará