Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos percorren a bisbarra

RR_Noticias

As Súas Maxestades de Oriente non faltarán á súa cita. Este domingo percorrerán Redondela, Chapela, e tamén farán unha visita ao Centro Cultural de Cedeira. En Soutomaior recollerán cartas o domingo pola mañá, e pola tarde percorrerán Arcade. A Pazos chegarán un día antes, o sábado.

Este domingo, día 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Redondela desde as 18.00 horas. Estarán acompañados por 85 nenas e nenos, agraciados polos sorteo celebrado polo Concello. Tamén participarán no desfile a Banda de Música de Redondela, a Coca Simona e o grupo Sarao Animación, co espectáculo O Bosque Máxico. O percorrido partirá desde Vilavella para percorrer o centro da vila ata o Campo da Feira. Repartirán 200 quilos de caramelos sen azucre e sen glute. Ao rematar, as Súas Maxestades de Oriente recibirán á rapazada no Salón de Plenos do Concello.
Cabalgata en Chapela
Tamén en Chapela se celebrará ás 18:00 horas a tradicional Cabalgata de Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar sairán desde o Alto da Encarnación para percorrer a paroquia ata as Catro Pontes. Despois recibirán aos nenos no Círculo Cultural de Chapela.
Visita a Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira tamén acollerá a visita aos Magos de Oriente. Está previsto que cheguen o domingo ás 17.30 horas, onde serán recibidos polos máis pequenos coa lectura dunha carta. A continuación Melchor, Gaspar e Baltasar farán entrega duns agasallos e caramelos para os nenos.
Dobre cita en Soutomaior
Os Reis Magos chegarán o domingo ás 12.00 horas á Casa do Concello, xunto coa comitiva real, para recoller as cartas dos nenos e nenas que aínda non fosen enviadas. A partir das 17.00 horas haberá un desfile en Arcade desde a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río. As Súas Maxestades formarán unha comitiva nun tren turístico acompañados de nenos e nenas, xunto co espectáculo itinerante de Troula Animación “O mundo do circo” con música, zancudos, malabaristas e pallasos.
Pazos recibe aos Reis o sábado
O salón de actos do Concello de Pazos de Borbén recibirá mañá sábado aos Reis Meigos nunha xornada que comezará ás 16.30 horas con actividades de animación. Ás 17.30 horas chegarán as súas Maxestades e despois haberá chocolate con roscón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará