Hoxe é Martes 24 de Novembro de 2020

Xulio Lorenzo convida ao público a soñar

RR_Noticias

O músico e compositor presenta mañá sábado en Redondela o seu novo disco, “Volver soñar”. Un traballo diferente, cheo de novos matices e historias. Un concerto moi especial  no que promete sorpresas e colaboracións con acento redondelán. Ás 20.00 horas, no auditorio da Xunqueira. Entrada 3 euros.

Este músico de Louredo, Mos, ten moitos lazos con Redondela, tanto musicais como familiares, polo traballo dos seus pais. Por iso o concerto de mañán vai ser “moi especial”. Co seu último traballo “Volver soñar”, Lorenzo convida ao público a seguir soñando, “a regresar á infancia e buscar a felicidade a través de melodías alegres e cheas de vida”. Para a actuación deste sábado contará ademais coa colaboración de artistas como o redondelán Marcos Campos, así como bailadores e cantereiros, mesmo con chiscadelas á tradición irlandesa. E promete “moitas sorpresas”. Con este concerto, na véspera do seu 40 aniversario, quere render unha homenaxe ao seu primeiro mestre de gaita, de Reboreda, e tamén ao seu pai, recentemente xubilado logo de décadas de traballo na praza de abastos de Redondela. Por iso para Xulio Lorenzo será un cita “especial e emotiva” na que agarda que todo o público disfrute.

Xulio Lorenzo
O seu novo traballo ábrese a outros estilos e convida a soñar.
Sorpresas e homenaxes
O concerto no auditorio da Xunqueira vai contar con colaboracións especiais e emotivas homenaxes.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *