Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae en Compostela

RR_Noticias

O Choco non foi quen de facerse co partido disputado en Santiago. Un partido no que os redondeláns tentaron dar a batalla ante o líder da terceira división, pero no que non lograron o resultado desexado ao caer por 2-0. Unha fin de semana na que a situación meteorolóxica obrigou a suspender numerosos partidos en diferentes categorías.

Os redondeláns, malia aguantar a primeira media hora do encontro, caeron por 2-0 tras un intenso partido que resolveron os locais Primo e Soto, cun gol á media hora de xogo e outro na recta final do encontro. Un partido que a priori xa se aventuraba difícil tendo en conta que o Compostela non coñece outra cousa que non sexa a vitoria en San Lázaro e mantense ao fronte da táboa. Pola súa banda o Choco queda catro puntos da promoción. Son quintos e na próxima xornada volverán ter un rival difícil. Xogarán na casa co terceiro do grupo, o Barco. Será o domingo 5 de xaneiro logo do parón de Nadal
 
Primeira galega
Empate a ceros entre o Arcade e o Marcón. O equipo de Soutomaior é quinto na categoría e xogará á volta do Nadal no campo do segundo, o Caselas.
 
Segunda galega
O Cesantes lograba a vitoria por 2-1 ante o Cruceiro. Con todo o equipo segue nunha difícil situación, son terceiros pola cola e xogarán á volta das vacacións no campo do Cerponzóns (9).
 
Derrota para o Atlético de Vilar que perdía 0-1 co Caldelas. Un equipo que regresará á competición no 2020 cunha cita especialmente complicada, xa que xogará no campo do líder, o Goián.
 
Terceira Galicia
O Chapela non foi quen de facerse cos puntos na súa visita ao campo do Oiense. Perdía o partido por 3-0. No sexto posto da táboa, na próxima xornada xogará na casa, cando reciban ao líder, o Coia.
 
Tampouco houbo sorte para o Nespereira, que caía 5-0 ante o Vilariño. Son penúltimos na clasificación e recibirán na súa próxima cita ao segundo, o San Miguel.
 
Balonmán
Derrota pola mínima para a SAR Rodavigo na División de Honra Prata Feminina. Xogaba na casa cun dos equipos fortes da categoría e perdía o encontro por 30-31. Na décima praza do grupo xogarán o seu próximo partido no Campo do Zonzamas (6)
 
Na primeira nacional si lograba a vitoria o Rodosa Chapela por 27-22 ante o Granitos Ibéricos Carballal. Terceiros na categoría xogarán á volta do parón do nadal co pechacancelas do grupo, o Lavadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará