Hoxe é Xoves 2 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para os máis pequenos no Nadal Infantil que organiza o Concello

RR_Noticias

Neste período de vacacións, nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar de actividades variadas nos obradoiros que organiza o Concello e que se celebrarán en horario de tarde no Multiúsos da Xunqueira e na Alameda de Redondela. Haberá diferentes obradoiros de manualidades, de cociña, visitas de Papá Noel, teatro, contacontos, xogos e moitas máis sorpresas.

Os talleres desenvolveranse os días 23 ao 30 de decembro así como o 2 e 3 de xaneiro en horario de 17:30 a 19:30h.A maiores e como actividades especiais o 24 de decembro celébrase un especial Nadal de 11:00 a 13:00 horas e unha xornada especial de fin de ano no mesmo horario o día 31 de decembro tanto en Redondela como en Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará