Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un convenio entre Concello e Deputación de 400.000€ permitirá rematar a Estrada do Galleiro

RR_Noticias

Os veciños de Vilar reuniranse hoxe cos técnicos para coñecer os pormenores dun convenio que prevé acometer a mellora do último tramo da EP-2906, coñecida como Estrada do Galleiro, despois de que a primeira fase da reforma reamatada no 2016 deixara un terzo da obra sen executar. Unha cuestión que se abordaba no pleno de onte logo de que o PP solicitara o apoio do resto dos grupos para esixir á Deputación o arranxo inmediato da estrada. PSOE, AER e BNG votaron en contra por tratarse dunha actuación “xa comprometida e que será unha realizade no 2020”.

Criticaron todos os grupos ao Partido Popular por levar a pleno unha moción “oportunista” cando lles constaba que hoxe mesmo os veciños están convocados a unha reunión para coñecer en detalle o proxecto de humanización e reforma previsto para o tramo final da estrada do Galleiro. Unha obra que inclúe unha senda peonil con beirarrúas de 2,5 metros de anchura, cunetas de seguridade e un novo alumeado, segundo explicou a concelleira socialista Olga García, quen engadía que a obra orzamentada en 400.000 euros está pendente tan só da sinatura do convenio entre Deputación e Concello. Máis críticos na súa exposición foron os nacionalistas. O edil Xoán Carlos González explicaba que a obra debía terse realizado hai xa cinco anos cando se investiron máis dun millón de euros para financiar un proxecto que contemplaba a ampliación da estrada, a construción de beirarrúas e a dotación de servizos en todo o vial. Criticaba que o goberno de Javier Bas non a executara na súa totalidade “porque o PP estivo caciqueando e malversando cos cartos públicos, facendo muros aos veciños a cambio de votos”. No mesmo sentido manifestábase o edil de AER, Daniel Boullosa que aseguraba na súa intervención que “a estrada do galleiro é unha exposición de muros rosa Porriño” e que a moción estaba completamente fóra de lugar “non ten sentido pedirlle a Deputación que faga unha obra que xa está comprometida”. Esixía a edil popular Carmen Amoedo que se retiraran as acusacións de malversación de fondos e acusaba tanto ao bipartito como ao BNG de enganar a cidadanía “porque o proxecto é unha auténtica chapuza, sen beirarrúas nun dos laterais da estrada e sen un metro de carril bici”.  

Moción dos populares
Carmen Amoedo explica cales son os acordos que defenden coa moción
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas falan de compra de votos a cambio de valados
Daniel Boullosa AER
Unha estrada chea de muros rosa Porriño
Olga García PSOE
Asegura que a obra será unha realidade no 2020
Carmen Amoedo PP
Para os populares o proxecto é unha chapuza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará