Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica que o goberno “triplique o gasto en horas extras” no primeiro trimestre de mandato

RR_Noticias

O grupo municipal do PP cualifica de “sumamente preocupantes” as gratificación extraordinarias (horas extras) presentadas polo goberno bipartito e aprobadas no último pleno municipal. Aseguran que se triplicaron o número de horas feitas polo persoal en áreas como policía local, limpeza viaria, vías e obras ou medio ambiente cando “os eventos festivos de Redondela foron os mesmos do verán anterior”. Entenden que esta situación responde a unha xestión “nefasta e neglixente” por parte do equipo de goberno.

Explica a edil popular Carmen Amoedo que facendo unha comparativa das dúas xestións
na mesma franxa de tempo e cos mesmos eventos, os datos amosan que no 2019 se triplican o numero de horas extras feitas polo persoal do Concello na Policía Local, Limpeza Viaria, Vías e Obras, Servizo Eléctrico, Carpintería e Medio Ambiente respecto das contabilizadas no ano 2018 co PP no goberno.
Engade que resulta difícil de asimilar que “AER, que sempre votou en contra da xestión das horas extras que realizou o Partido Popular, vote agora a favor despois de ver o salvaxe aumento no gasto de estas Gratificacións Extraordinarias”. No mesmo sentido lembra que “o PSOE que sempre se permitiu a licenza de dar leccións de como se planificaba e como se facía un cronograma de traballos habituais e outros extras, agora defendan, sen poñerse colorados, estes números”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará