Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As recolectoras de ostras de Arcade, protagonistas dun mural de Murazábal, o artista das “superavoas”

RR_Noticias

Un mural de máis de 100 metros cadrados en Arcade porá en valor a figura da muller nun dos oficios artesanais de grande tradición na localidade: a recolección de ostras. A obra correrá a cargo de Joseba Muruzábal, máis coñecido como Yoseba MP, un artista que converte ás avoas galegas  en superheroínas a través dos seus murais xigantes que xa decoran localidades como Lalín, Ordes ou Santiago e que, en breve, formará parte tamén da paisaxe urbana de Arcade.

O novo mural terá unha superficie de máis de 100 metros cadrados, realizarase na medianeira dun edificio da entrada de Arcade desde Pontevedra e porá en valor a figura da muller nun dos oficios artesanais de maior tradición local, a recolección de ostras.
Unha obra do artista Yoseba Murazabal protagonista tamén da exposición “Fenómenos do rural” que estes días se pode visitas no Multiúsos de Arcade enmarcada dentro das actividades que o Concello de Soutomaior organiza co gallo do Día Internacional da Muller do Rural celebrado onte.
A mostra recolle unha serie de retratos de “mulleres en mandilón de cadros con super poderes” realizados co obxectivo de dar testemuño do valor do traballo destas mulleres e a relevancia que ten na súa contorna “na Galicia menos urbana, esas señoras en mandilón foron o soporte oculto das economías domésticas. Unhas heroínas de forza sobrehumana”, destaca Murazabal.
A exposición estará dispoñible até o 30 deste mes, día no que se clausurará coa proxección do documental que recolle os mellores momentos da historia dalgúns das súas obras máis famosas. A proxección comezará ás 19:30 horas e contará coa participación do propio autor, que compartirá cos asistentes unha charla tras o documental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará