Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous feridos nunha colisión na N-550

RR_Noticias

Un accidente que se producía a primeira hora da tarde deste martes na estrada N-550 entre Redondela e Pontevedra, á altura do restaurante Illa San Simón, saldouse con dous feridos de carácter leve, segundo informan dende a Policía Local. Ata o lugar, no quese produciron retencións no tráfico, desprazouse unha patrulla da policía, unha ambulnacia do 061 e axentes da Garda Civil de tráfico.

A colisión producíase logo de que un dos vehículos pretendese xirar a esquerda, momento no que foi alcanzado por outro que circulaba detrás. Como consecuencia do mesmo, resultaron feridas leves dúas persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará