Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O director xeral de Xustiza respalda a necesidade dun reforzo de persoal “puntual” no xulgado

RR_Noticias

Hai meses que os sindicatos denuncian o colpaso do xulgado de Redondela e reclaman reforzos de persoal. O responsable da Xunta, Juan José Martín, sinalou que esa demanda se tratará nunha comisión a finais de mes. En canto ao problema de que vítimas de violencia machista e maltratadores se atopen nos corredores, o director xeral apunta a unha “reorganización” dos espazos dispoñibles.

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta mañá os xulgados de Redondela para comprobar as melloras acometidas pola Xunta de Galicia na seguridade do edificio coa instalación de novas cámaras. O novo sistema de videovixilancia, con todo, non vai resolver a sobrecarga de traballo que acumulan os xulgados de Redondela, que nos últimos 5 anos duplicaron o número de casos que tramitan. Juan José Martín explicou que este mes reunirase a comisión mixta na que participa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a propia Xunta. Nesa sesión a consellería de Xustiza vai solicitar a creación dunha unidade para tratar de xeito específico “os problemas de persoal nos xulgados galegos”. No caso de Redondela existe un reforzo no xulgado número 2, e Juan José Martín dixo ser consciente de que o seu volume de traballo “está moi próximo ao 100% dos casos que establece o Ministerio e o Consello Xeral do Poder Xudicial”. O director trasladou a esa comisión a responsabilidade de tomar a decisión, pero sí manifestou que a súa opinión “é que o xulgado de Redonela precisa un reforzo puntual”. Reorganizar os espazos Outro dos problemas que se rexistran nas instalacións xudiciais é o feito de que moitas veces se atopan nos corredores as vítimas de violencia de xénero cos seus agresores, ao non existir un espazo axeitado para que estean as mulleres. Ante esta cuestión Juan José Martín limitouse a anunciar que será preciso “reorganizar” os espazos existentes para adecualos ás necesidades actuais, xa que as dimensións do edificio “son limitadas”. Por outra banda instou “á propia intelixencia” dos traballadores do xulgado para coordinar que a asistencia ao xulgado de vítima e agresor “non coincidan no tempo” Melloras na seguridade Juan José Martín visitou hoxe os xulgados de Redondela para coñecer de primeira man as melloras acometidas pola Xunta para mellorar a seguridade do edificio. Así, xa se instalou un novo sistema dotado de 15 cámaras (8 interiores e 7 exteriores), un monitor de 24 polgadas, un gravador, dous discos duros e todo o equipamento necesario para que funcione correctamente.

Juan José Martín director xeral de Xustiza
Martín sinalou que a demanda de pesoal se tratará nunha comisión a finais de mes. O director xeral opina que o reforzo é necesario en Redondela.
Reordenar espazos
O director xeral falo de "reorganizar" os espazos existentes para evitar que vítimas de violencia e agresores se crucen nos corredores.
Melloras na seguridade
Os xulgados contan cun novo sistema de videovixilancia con 8 cámaras interiores e 7 exteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará