Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande tamén se libra en Redondela

RR_Noticias

A batalla naval máis famosa da historia española, a que enfrontou no ano 1702 ás escuadras anglo -holandesa e hispano-francesa, volverá librarse o vindeiro sábado día 19 en augas da enseada. Como aperitivo a esta VI conmemoración da Batalla, este mesmo domingo día 13 o centro urbano pecharase ao tráfico para acoller unha representación polas rúas da vila que rematará na Praza da Constitución. A recreación histórica en Rande amplíase con obradoiros para os máis pequenos e un mercado de época que contará con 22 postos de artesanía e comida.

Un total de 60 persoas participarán na recreación histórica da Batalla de Rande que terá lugar o sábado 19, pero que xa nos deixarán un adianto este mesmo domingo cunha representación polas rúas da vila, que restrinxirán a circulación para darlle máis vistosidade ao evento que arrancará ás 17:00 horas. Con todo, o prato forte será na vindeira semana cun programa centralizado nos arredores do Meirande. Obradoiros para os máis cativos, un mercado con 22 postos nos que se ofrecerá produtos de artesanía e comida e, como non, un “encarnizado” combate no que se volverá revivir a batalla naval de 1702 “a máis famosa de España” en palabras do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. Unha celebración que chega a súa VI edición e que o fai co obxectivo de converterse en todo un referente na comarca. Neste sentido destacaba a alcaldesa, Digna Rivas, os paralelismos desta celebración con outra multitudinaria como é a Reconquista en Vigo “que tamén foi froito dunha iniciativa veciñal ata converterse nunha festa multitudinaria”. Do mesmo xeito, lembraba Rivas, esta Conmemoración naceu da man da Asociación Deportiva Cultural de Rande con quen sigue colaborando o concello co obxecto de facilitar a súa celebración. Unha asociación da que saen todos eses veciños que dende o mes de marzo están a traballar baixo a dirección da Compañía Kepler, recibindo formación actoral e interpretativa para que a escenificación se torne o máis realista posible.  

Pedro Otero Asociación Cultural Rande
Unha conmemoración no ano no que se cumpre o 317 aniversario da batalla
María Kepler
sete meses preparándose como actores
Daniel Boullosa Concelleiro de Cultura
Salienta as actividades do sábado 19
Digna Rivas alcaldesa
Un referente cultural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará