Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un renovado C.D. Arcade pelexará un ano máis pola permanencia na Primeira Galega

RR_Noticias

O equipo, actualmente no 8º posto da táboa, comezou a liga co obxectivo da permanencia.  O presidente, Miguel García, está moi satisfeito co rendemento do equipo “ao que se incorporaron moitos rapaces da canteira”. O domingo xogarán no difícil campo municipal da Chanciña, ante o Campo Lameiro.

Logo da excelente campaña da pasada temporada, na que se meteron na fase de ascenso, o Arcade sufriu moitos cambios. Á marcha do adestrador, Juan Amoedo, sumouse a de seis xogadores importantes do plantel. O club confeccionou un novo equipo, ao que se engadiron xogadores xóvenes da canteira, mesmo xuvenís que xa debutaron co equipo en Primeira Galicia. O grupo está dirixido esta temporada por Rafa Vázquez. O adestrador ten xa experiencia nesta categoría, e segundo explica García, o seu obxectivo vai ser a permanencia “igual que o ano pasado”. Polo de agora, tras cinco xornadas disputadas, o Arcade suma 7 puntos, tras dúas vitorias, dúas derrotas e un empate. Destaca a súa faceta goleadora, con 11 dianas, por riba de equipos que están na parte alta da táboa, como Cuntis que é 2º con 10, o Marcón que é 3º con 7, ou o Alertanavia que é 4º con 6 goles. O xogo do equipo é moi similar ao do ano pasado, segundo o presidente, que sinala que a diferencia este ano é que faltan “algúns xogadores que definan máis de cara ao gol”. Con todo, amósase moi satisfeito co rendemento do equipo, e confía en que os xogadores máis novos vaian collendo experiencia na categoría para que o equipo siga medrando. No club apostan pola canteira, coa incorporación de xogadores do xuvenil ao equipo sénior. Campo Lameiro-Arcade A próxima fin de semana visitan o céspede do Campo Lameiro, equipo situado na metade baixa da táboa, pero que vén de empatar no Monte da Mina co Castrelos. García advirte que o rival “é moi forte no seu campo e será un partido díficil polas condicións do seu terreo de xogo”. O partido será no Campo Municipal da Chanciña, o domingo ás 17.00 horas.

Miguel García presidente do C.D.Arcade
Segundo explica García o seu obxectivo vai ser a permanencia "igual que o ano pasado".
Festival de goles
Destaca a súa faceta goleadora con 11 dianas por riba de equipos que están na parte alta da táboa.
Aposta pola canteira
Ante a saída de moitos xogadores no mercado de verán o club incorporou a futbolistas xóvenes da canteira.
Campo Lameiro-C.D.Arcade
García advirte: "é moi forte no seu campo e será un partido díficil polas condicións do seu terreo de xogo".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará