Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oferta laboral para incorporar un profesor de música na Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

Unha oferta de emprego que chega dende a escola de música de Chapela que busca un profesor para impartir clases a nenos de 0 a 3 anos de idade. Requírese dominio de inglés falado. As persoas interesadas deben facer chegar o seu currículo ao enderezo escolademusica@culturaldechapela.org ou chamar ao teléfono 636124635.

Este centro de estudos musicais ten en marcha xa as actividades para o presente curso, con propostas ben atractivas para os máis pequenos que poden elixir entre o curso Family music para cativos de 0 a 3 anos, música e movemento par aqueles que teñan de 3 a 5 anos ou clases de linguaxe musical para rapaces e rapazas de 6 e 7 anos de idade. Ademais os cativos pódense achegar a todo tipo de instrumentos. Animan aos interesados a achegarse e probar calquera das actividade de xeito completamente gratuíto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará