Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollida de sinaturas ante a incerteza de usuarios e traballadores pola xestión da piscina municipal

RR_Noticias

Nos últimos días está en marcha unha campaña de recollida de sinaturas promovida por “usuarios e traballadores da piscina de Redondela” que busca apoios para esixir á corporación municipal “que dea os pasos necesarios para buscar unha solución inmediata a concesión do servizo que non poña en perigo os postos de traballo nin o servizo público deste centro deportivo”.

Un problema que debería resolverse, aló menos provisionalmente, no pleno de mañá xoves (20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira), no caso de que a corporación acorde ampliar o contrato a actual concesionaria, Serviocio, ata que se resolva o novo concurso.
A situación prodúcese logo de que se extinguise a duración do contrato de concesión coa actual empresa encargada da xestión da piscina municipal sen que se realizase un novo concurso. Entenden os afectados que é preciso que se lle dea continuidade a dito contrato para garantir tanto a prestación do servizo como a propia continuidade dos traballadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará